EMPREGO
Prazas de Auxiliares de
Arquivos, Bibliotecas e Museos
O Ministerio de Educación e Cultura convoca 21 prazas da Escala de
Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos de Organismos.
Os aspirantes deberán estar en
posesión do título de Bacharelato ou Técnico.
O prazo
para presentar solicitudes estará
aberto ata o 30 de outubro de 2015.
Máis información no BOE do 10 de outubro de 2015.utónomos do Ministerio de Cultura.
Xuíz de paz titular de
Cerdedo
O Concello do Cerdedo fai unha convocatoria
pública para cubrir a praza de xuíz de paz
titular.
Os requisitos para acceder á praza son
ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente
para o desenvolvemento
da función xudicial,
estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito
mentres non se obtivera a rehabilitación,
nin procesado ou
inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de
sobresemento.
Non se esixe, nin para
titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos
xurídicos específicos.
O prazo para presentar
solicitudes estará aberto ata o 30 de outubro de 2015.
Máis información no BOP de Pontevedra do 14 de
outubro de 2015 e no OMIX de Cerdedo, teléfono 986 753 185.
Empregados/as de fogar
(internos)
- Localidade: Vigo (Pontevedra)
- Nº oferta: 12/2015/11390
- Data: 16/10/2015
- Requisitos: necesítanse empregados/as de
fogar (internos).
Máis información no 012 e en http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/
AXUDA PARA OBTER O PERMISO DE CONDUCIÓN
obtención do permiso de
condución.
Requisitos:
Outorgaranse a mozos pertencentes
a familias de escasos recursos, polo que os ingresos anuais da unidade
familiar,
calcularanse en base á
seguinte fórmula:
dividirase o número
total de ingresos anuais da unidade familiar entre o número de membros da mesma
e o resultado debe ser
menor a 14.826 € por
persoa/ano. Para o cálculo da renda familiar para estas bolsas, son membros
computables da familia o pai
e a nai ou titor, no seu
caso, o solicitante, os irmáns solteiros menores de 25 anos e que convivan no
mesmo domicilio familiar ou
os de maior idade, cando
se trate de persoas con discapacidade.
Estar en situación de
desemprego, polo menos, desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o momento da solicitude.
Vivir no domicilio
familiar.
Para solicitar as axudas hai que superar un
test de seguridade vial e encher un formulario na web www.fundacionmapfre.org
SEMINARIO SEGURIDADE EN LINUX
O vindeiro día 10 de
novembro de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar por
videoconferencia dende a aula CeMIT do Concello de Cuntis un seminario sobre
seguridade en Linux aplicada a securización de servizos de uso cotián.
Máis información na
seguinte ligazón: https://cemit.xunta.es/node/6385
As persoas interesadas
poderán inscribirse dende a seguinte ligazón: https://cemit.xunta.es/gl/actividade/15226
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)