Programa de promoción das cooperativas xuvenís
A Consellería de Traballo convoca subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo.
Programas:
Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
Programa de fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
Programa de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica (procedemento TR807D).
Programa de promoción das cooperativas xuvenís (procedemento TR807E).
Beneficiarias:
As cooperativas xuvenís de nova creación formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou de traballo que teñan entre 16 e 29 anos de idade poderán acollerse ás subvencións para o financiamento de custos previstos neste programa por unha soa vez.
Para os efectos deste programa, consideraranse como cooperativa de nova creación aquelas que non superen os dous anos de actividade, contados ininterrompidamente desde a data de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, da alta no censo de persoas obrigadas tributarias do Ministerio de Economía e Facenda, ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Obxecto e contía das subvencións

O importe máximo desta subvención será de 15.000 € por cooperativa beneficiaria.
As solicitudes poden presentarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es co código TR807E.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de agosto de 2015.
Máis información no DOG do 16 de xullo de 2015 e en http://traballo.xunta.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.