AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Requisitos:
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €.

Contía das axudas: 50 € por alumno/a

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330F
Máis información no DOG do 10 de novembro de 2015 e en www.edu.xunta.es

BOLSAS NO PARLAMENTO DE GALICIA

O Parlamento de Galicia convoca as seguintes bolsas:
3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
2 bolsas de formación en publicacións.
1 bolsa de formación en informática.
1 bolsa de formación en xestión parlamentaria
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de novembro de 2015.
Máis información no DOG do 9 de novembro de 2015 e en http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90548.pdf


BOLSAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca 6 bolsas de formación en asuntos europeos, co obxectivo de achegar a realidade europea á sociedade galega e de mellorar a empregabilidade dos mozos da comunidade. Nesta liña, cinco titulado/as universitario/as e un/a técnico de Formación Profesional realizarán estadías de xaneiro a decembro de 2016 nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas

As bolsas terán unha duración de 11 meses. As prácticas comezarán o 18 de xaneiro de 2016 e rematarán o 16 de decembro de 2016.
O prazo para a presentación de solicitudes e a documentación remata o día  20 de novembro de 2015.

Máis información:
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2_ver.asp?idSeccion=8&idTema=255&idNoticia=2407


http://xuventude.xunta.es/2015111217269/bolsas-da-fundacion-galicia-europa.html

SÁBADOS DIVERTIDOS

Cada sábado farase unha actividade diferente. Os nenos e nenas poderán asistir os días que queiran. É necesario inscribirse para unha mellor organización das distintas sesións.

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2015

Hoxe saen publicadas no BOP as BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2015, para todas as asociacións que desenvolvan as súas actividades no termo municipal de Cuntis e estean inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
PRAZO: Ata o 16 de novembro de 2015

CURSO IDIOMAS

A partires do vindeiro xoves día 12 de Novembro e ata o 23 de xuño (curso escolar) (33 horas), os xoves de 16:00 a 17:00 horas,  poderase seguir por videoconferencia a actividade Aula de Idiomas: inglés, que impartirán dende a aula CeMIT de Ortigueira e que retransmitiremos, entre outras aulas CeMIT, dende a aula de Cuntis para todas as persoas interesadas.

Esta actividade gratuita será totalmente oral, para empezar a comunicarse no idioma dende o primeiro día, todo falado dende o primeiro momento e cun nivel básico, para persoas maiores de idade sen ou apenas coñecemento ningún deste idioma.

As persoas interesadas en acudir á aula CeMIT de Cuntis poden inscribirse na propia aula ou dende a seguinte ligazón:
https://cemit.xunta.es/gl/actividade/15386

DOCENTE REPOSTERÍA PARA A ESTRADA

Dende AureaCultura fannos chegar o seguinte:

Precisase Docente.

Para impartir curso de REPOSTERÍA de 30 horas nunha asociación de A ESTRADA.

CONDICIÓNS: contrato laboral con alta na SS ou RETA

REQUISITOS: Experiencia na impartición da materia.


Interesados enviar CV a  info@aureacultura.com Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  ou chamar ao 692587848