BOLSAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca 6 bolsas de formación en asuntos europeos, co obxectivo de achegar a realidade europea á sociedade galega e de mellorar a empregabilidade dos mozos da comunidade. Nesta liña, cinco titulado/as universitario/as e un/a técnico de Formación Profesional realizarán estadías de xaneiro a decembro de 2016 nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas

As bolsas terán unha duración de 11 meses. As prácticas comezarán o 18 de xaneiro de 2016 e rematarán o 16 de decembro de 2016.
O prazo para a presentación de solicitudes e a documentación remata o día  20 de novembro de 2015.

Máis información:
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2_ver.asp?idSeccion=8&idTema=255&idNoticia=2407


http://xuventude.xunta.es/2015111217269/bolsas-da-fundacion-galicia-europa.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.