A Consellería
de Educación convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas
ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria
ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso
escolar 2015/16.
Requisitos:
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €.
Contía das axudas: 50 € por alumno/a
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330F
Máis información no DOG do 10 de novembro de 2015 e en www.edu.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.