Programa DESEÑANDO O TEU FUTURO

A partir de mañá mércores, 11 de maio, poderán inscribirse nesta OMIX todas as mozas e mozos empadroados en Cuntis que queiran participar no programa DESEÑANDO O TEU FUTURO e que teñan entre 14 e 18 anos.
A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa DESEÑANDO O TEU FUTURO, o cal ten como obxectivo a aproximación dos mozos e mozas galegos de entre 14 e 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías-visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas, e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lles permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.