3ª CONVOCATORIA DE BOLSAS EUROLINGUA PARA IRLANDA

A convocatoria está dirixida a estudantes universitarios, de bacharelato ou formación profesional.
O prazo de solicitude remata o día 21 de abril.
Esta convocatoria permitirá a un grupo de estudantes con bo expediente académico e baixas rendas, realizar un curso en Irlanda este verán, subvencionado ao 100% por Eurolingua.
Máis información:

Campaña de verán 2015

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015.
A participación na oferta da Campaña de verán 2015 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).


Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple. Para discapacidades procedemento BS303G no caso de solicitude individual, ou BS303H no caso de solicitude múltiple.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 8 de abril de 2015.
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2015
Programa ARGO 2014-2016. Convocatoria dirixida a titulados universitarios para realizar prácticas formativas en empresas ou entidades de Europa, EE.UU., Canadá, Asia e Oceanía.

Prazo de presentación
Ata: 31 de decembro de 2016

+info:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/practicas-empresas-organismos/argo-global-titulados-universitarios.html

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS 2015

Os campamentos polideportivos no Centro Príncipe Felipe están destinados ós nenos nacidos entre os anos 2001 e 2008, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
O campamento incorpora actividades lúdicas, coma saídas ó medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas ou obradoiros.
+info:

CAMPAMENTOS A LANZADA 2015

Os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada son un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes e xogos, entre outras.
A estes campamentos pódense anotar os rapaces nacidos entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
+info:

CURSO DE DEBUXO E PINTURA AO ÓLEO


ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO MUSICAL


QUE SIGNIFICA UNHA EUROPA UNIDA PARA TI?

A Dirección Xeral a Comisión Europea organiza un concurso de vídeo titulado "Que significa unha Europa unida para ti? " dirixido a mozos de entre 13 e 15 anos de calquera Estado membro ou dos países candidatos e os potenciais candidatos do sueste de Europa.
Esperta a túa creatividade e gaña unha viaxe a Bruxelas! Comparte a túa experiencia e opinións nun vídeo dun minuto de duración.
Poden presentarse rapaces e rapazas de todos os estados membros da UE, QUE teñan entre 13 e 15 anos, dos países candidatos e dos posibles candidatos. A duración do vídeo, que pode conseguir distintos dispositivos - comprimido, teléfono, cámara, etc. - ha de ser, como máximo, de 1 min.
O prazo para enviar os traballos finaliza o 10 de Abril de 2015.
O gañador de cada país será invitado a viaxar a Bruxelas cun adulto e poderá coñecer a cidade, as institucións europeas e aos outros rapaces que gañaron o concurso nos seus respectivos estados.
Máis información en:

PROGRAMA INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

O Ministerio de Educación convoca 2.000 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante xullo de 2015.
Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato, Ensinanzas profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinanzas deportivas, Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
b) Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 11 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2015 e en www.educacion.es



ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUA INGLESA


A Consellería de Educación convcoca axudas para realizar as actividades de formación en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2015.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015.

Requisitos:

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
c) Ter acadado no curso 2013/14 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B

O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 16 de abril de 2015.
Máis información en www.edu.xunta.es/axudasle e tamén no DOG do 16 de marzo de 2015.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR


A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2015.

Máis información:
 e no DOG:

Planta unha árbore no Bosque de Galicia:
http://xuventude.xunta.es/2015021815336/planta-unha-arbore-no-bosque-de-galicia.html


Voluntarios pavillón UE Expo Milán 2015:
http://xuventude.xunta.es/2015021615326/voluntarios-pavillon-ue-expo-milan-2015.html


Campamentos de surf:
http://xuventude.xunta.es/2015020515236/campamentos-de-surf.html


Concurso de poesía no Concello de Outes:
http://xuventude.xunta.es/2015020915256/xix-certame-de-poesia-francisco-anon.html


Concursos:

Música:
http://xuventude.xunta.es/2015020215190/2o-certame-de-cancion-de-autor-en-galego.html

Pintura:
http://xuventude.xunta.es/2015020215188/xxv-concurso-de-pintura-bello-pineiro-pineiro-pose.html

Para galegos ou descendentes de galegos no exterior:
http://xuventude.xunta.es/2015020215184/conecta-con-galicia-2015-para-a-mocidade-da-galicia-exterior.html
CONVOCATORIA DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS:

DOG Nº 13, do 21 de xaneiro de 2015
Enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150121/AnuncioG0164-140115-0002_gl.pdf

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización

DOG do 21 de xaneiro de 2015

Enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150121/AnuncioG0164-140115-0001_gl.pd