Eduemprende Idea 2015
A Consellería de Educación convoca o concurso Eduemprende Idea 2015, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais.

Requisitos:
1. Estar matriculado no curso 2014/15 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de xuño de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED523A
Máis información no DOG do 27 de maio de 2015 e en https://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende
Aula CeMIT do Concello de Cuntis. Cursos mes de Xuño

BOLETIN PONTEEMPREGO DE DATA 20 DE MAIO DE 2015

http://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20215_PONTEemprego_data_20-05-2015.pdf
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015
Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade.
Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Persoas destinatarias
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial
Prezo: 125 €
Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove.
Modelo de solicitude e de informe médico:
A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinadas polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico,
segundo corresponda.
Estes impresos están a disposición das persoas interesadas na páxina web: http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran-
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño incluído.
Máis información no teléfono social 900 333 666 e en http://benestar.xunta.es
Axudas económicas para a formación práctica en empresas
A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:
1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo: 19 de xuño para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2014-marzo 2015, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2015. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2015. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso do réxime ordinario ou no segundo curso do réxime integrado dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2014/15.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2015, para o alumnado de ciclos formativos a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2015 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2015. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 18 de maio de 2015 e en www.edu.xunta.es/fp
Prazas nas residencias xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 223 prazas para mozos e mozas, nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2015/2016, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de xullo de 2016. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.
Máis información no DOG do 8 de maio de 2015.
Lugo: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html
Ourense: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html
Vigo: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html
XI CONCURSO DE POESÍA ANOMAR
A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a undécima edición do concurso de poesía Anomar.
O prazo para participar estará aberto ata o 12 de maio de 2015.
Máis información en http://asociacion.arcostilos.org/


13 CERTAME DE CÓMIC DE CANGAS
A Concellería de Cultura de Cangas, convoca o 13 Certame de Cómic, dirixido a novos artistas de ata 35 anos.
Os traballos poden presentarse ata o 30 de xuño na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra.

Máis información na Casa da Xuventude de Cangas, teléfono 986 392 171
SEMANA EUROPEA DA XUVENTUDE 2015
O luns 4 de maio comeza a sétima edición da Semana Europea da Xuventude (SEJ).
Na páxina do Portal Europeo da Xuventude, podes consultar máis información que se irá actualizando segundo se confirmen as actividades que se celebrarán en cada país.

PRAZAS PARA PERSOAS COLABORADORAS-BOLSEIRAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2015/2016.
Prazas:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xuño de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en
https://sede.xunta.es  co procedemento BS303C

Máis información no DOG do 4 de maio de 2015.

BASES "II CERTAME DE PINTURA RÁPIDA AO AIRE LIBRE 2015"

  1. As presentes bases teñen por obxecto regular a participación no II Certame de Pintura ao aire libre “CUNTIS 2015”, que terá lugar o día 17 de maio de 2015 no Concello de Cuntis.
  2. Poderán participar no concurso calquera persoa maior de idade que o desexe. O dereito de inscrición será gratuíto.
  3. Para participar deberase cubrir unha folla de inscrición que se pode entregar das seguintes maneiras:
-A través dos correos elctrónicos: cultura@cuntis.es / omix@cuntis.es
-Por fax ao número 986532267
-Persoalmente na O.M.I.X., sita no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído “Patelas”, rúa Xohán Xesús
 González, nº 10  36670 Cuntis
-Cubrila no mesmo día do certame entre as 10:00 e as 11:30 horas.
  1. O estilo e a técnica é libre. A temática: calquera lugar do casco urbano de Cuntis.
  2. Cada participante presentará unha soa obra. O soporte será sobre estrutura ríxida, fondo branco, sen texturas, nin outras aplicacións previas. As dimensións non serán superiores a 110 cm. nin inferiores a 50 cm. por calquera dos seus lados. Non se permitirá o uso de fotografías, ordenadores, cámaras, medios ou materiais fotográficos.
  3. O material necesario para desenvolver a actividade será por conta do participante, incluíndo obrigatoriamente o cabalete para a exposición.
  4. O horario de selado dos lenzos será desde as 10:00 ata as 11:30 horas na Casa de Cultura “Roberto Blanco Torres”. Poderán selarse dous soportes pero só se entegará un para o concurso. Co selado dos lenzos entregarase un avituallamento a cada participante.
  5. A Organización facilitará aos participantes rueiro do Concello de Cuntis para que comuniquen a ubicación na que se encontran realizando a súa obra para poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma. Así mesmo, ésta deberá realizarse IN SITU. Non se admitirán traballos pintados mediante foto.
As obras participantes serán entregadas ese mesmo día ao xurado na Casa de Cultura ás 18:00 horas sen marca, sinal nin sinatura, agás as que a Organización utilizará para o seu control.
  1. As obras expoñeranse na praza das Árbores de 18:00 a 19:30 horas para a valoración do xurado.
A partir das 18:00 horas as obras poderán ser visitadas polo público e deberán ter en lugar visible os seguintes datos:   -Nome completo do autor.
            -Enderezo, código postal e localidade.
            -Número de teléfono.
            -Nº de control.
Ao remate do Concerto que se realizará na praza do Ferrol ás 19:00 horas emitirase o fallo do xurado e entregaranse os premios. Coñecidas as obras premiadas, os autores firmarán as mesmas en presenza dun membro da Organización.
            Ás 20:00 horas darase por rematado o Certame.
  1. As obras non premiadas serán retiradas polos seus propietarios/as aportando o DNI ou documento acreditativo que identifique a identidade do autor e poderán ser vendidas ou subastadas no recinto unha vez rematada a entrega de premios. A comisión organizadora poñerá o máximo coidado no desenvolvemento e conservación das obras pero non se responsabiliza dos danos que poideran sufrir por causas alleas, así como tampouco se responsabiliza dos danos que poideran sufrir os/as participantes ou causar estos.
As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Organización ou dos seus patrocinadores e resérvase o dereito de reprodución.
Os/as participantes aceptan ser fotografiados, filmados e ceden os dereitos de imaxe á Organización para posibles arquivos ou reproducións en medios de prensa.
  1. O xurado darase a coñecer o día do Certame.
  2. Establécense os seguintes premios:
CATEGORÍA DE PREMIOS:
      -Primeiro premio: 1.000,00 € doado polo Concello de Cuntis
      -Segundo premio: 700,00 € doado por Termas de Cuntis
      -Terceiro premio:  400,00 € doado por Espectáculos Nando
      ACCÉSITS doados por Termas de Cuntis:
-          Primeiro accésit: 2 pases para o Acquaform
-          Segundo accésit: 2 pases para o Acquaform
Os premios están suxeitos á lexislación vixente e serán aboados o día do certame, unha vez rematado o mesmo.
  1. A Organización resérvase o dereito de facer modificacións ao tomar iniciativas non reguladas nas bases, sempre que contribúan ao mellor desenvolvemento do certame. Calquera dúbida, aclaración ou reclamación presentarase á comisión organizadora.
  2. O certame poderá suspenderse por causas de forza maior ou por falta de asistencia mínima ao evento, previo aviso aos inscritos ata o momento.
  3. Os premios poderán quedar desertos se se considera que a calidade das obras non reúne a calidade esperada.
  4. O feito de participar neste certame supón por parte dos autores a conformidade absoluta das bases e a absoluta conformidade co fallo do xurado.

Máis información sobre o certame: O.M.I.X. tel.: 986 533600 / omix@cuntis.es / www.facebook.com/omixc  / www.turismodecuntis.com