Curso de O sistema sexo-xénero e a súa implicación nos hábitos de saúde da mocidade

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso O sistema sexo-xénero e a súa implicación nos hábitos de saúde da mocidade
Finalidade: Analizar como os factores relacionados coa socialización dos roles de xénero tradicionais inflúen nos hábitos de saúde da mocidade
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.
Número de horas: 25
Número de prazas: 50
Contidos:
Relacións sexo-xénero.
Estereotipos de xénero e hábitos de saúde: modelos de masculinidade e femineidade.
Incorporación do enfoque de xénero nos programas de promoción da saúde e prevención.
Extratexias e propostas de traballo coa mocidade para a promoción da igualdade de xénero.
Modalidade: A distancia.
Data de inscrición: Do 22 de xuño ao 2 de xullo de 2015.
Data prevista de realización: Do 10 de xullo ao 11 de setembro de 2015.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Curso de Mediación educativa en conflitos xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Mediación educativa en conflitos xuvenís
Finalidade: Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.
Número de horas: 25
Número de prazas: 50
Contidos:
O conflito como proceso e oportunidade para o cambio
Educar para a convivencia e prevención de conflitos
Comprender e analizar as situacións de conflito
A mediación educativa como extratexia na abordaxe de conflitos
Proxectos de mediación no ámbito educativo
Modalidade: A distancia.
Data de inscrición: Do 15 so 30 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: Do 6 de xullo ao 8 de setembro de 2015.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Información.
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es
GALEUROPA 2015
A Consellería de Traballo e Benestar convoca o Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas na Unión Europea (tanto en empresas coma entidades, públicas ou privadas).
A convocatoria destas axudas e as súas bases reguladoras recóllense na Orde do 4 de xuño de 2015, (publicada no DOG do 15 de xuño de 2015).
Máis información:
No procedemento BS324A:
e-mail: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlfno: 981544854 e 981544645
Nos procedementos BS324B e BS324C
e-mail: galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tlfno: 981541688 e 981544645
Acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/16
A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/16.
A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A
Máis información no DOG 5 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es

Oferta educativa de deporte: http://www.edu.xunta.es/web/node/1550
Visitas didácticas á exposición
'Camiño. A Orixe'
Percorrer o Camiño de Santiago a través dunha viaxe por etapas nas que meterse na pel do peregrino, coñecer os seus símbolos, vivir as súas experiencias e recrear episodios claves da nosa Historia. Esta é a proposta didáctica que ofrece a Cidade da Cultura a través da exposición Camiño. A Orixe.
As Visitas didácticas Camiño. A Orixe son de balde mais é preciso concertar cita previamente a través do correo electrónico: visitasdidacticas@cidadedacultura.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2015-2016
A Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2015-2016.

Prazos: A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño ata o día 18 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio.
Desenvolvemento das probas:
a) Probas de acceso ao grao medio:
Proba de madureza: 2 de setembro.
Proba específica: 4 de setembro.
b) Ciclos de grao superior:
Proba de madureza: 26 de xuño.
Proba específica para todas as familias profesionais: día 9 de xullo.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED511E e ED511D
Máis información no DOG 2 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es