SEMINARIO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TALENTO EMPRENDEDOR

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha un seminario  que ten por finalidade axudar aos mozos e mozas a desenvolver o seu talento en relación coa búsqueda de emprego.
O seminario que se realizará nas cidades de Ourense e Vigo está enmarcado dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade.
A finalidade é fomentar o espírito emprendedor na mocidade, fortalecer a capacidade de convición para desenvolver as fortalezas, a capacidade e actitudes que permitan afianzar aos participantes as súas ideas para o futuro que desexan.
A temática do seminario abordará :
·        Concepto e talento emprendedor, capacidades, compromiso e acción
·        Competencias persoais e sociais
·        Diagnóstico do perfil persoal e plan de acción.
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
Número máximo de participantes: 15
Número de participantes mínimo para que se realice o seminario: 5
Lugares, datas e horario:
        Ourense: día 10 de setembro de  16,30 a 20.30 horas, Espazo Xove (R/Celso Emilio Ferreiro, 27)
        Vigo: día 11 de setembro de 10  a 14 horas, na Casa do Deporte (R/ Fotógrafo Luis Ksado, 17)
Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada xornada.
As persoas participantes serán seleccionados por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado para participar.
Para mais información: galeuropa@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Teléfono  981 544 645 

BOLSAS PARA CURSAR ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS E UNIVERSITARIOS


O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:
Primeiro e segundo cursos de Bacharelato
Formación Profesional de grao medio e de grao superior
Ensinanzas artísticas profesionais
Ensinanzas deportivas
Ensinanzas artísticas superiores
Estudos relixiosos superiores
Estudos militares superiores
Estudos de idiomas en Escolas Oficiais
Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior.
Formación Profesional básica.
Ensinanzas universitarias.

As bolsas incluirán algunha ou algunhas das seguintes contías.
1. Contías fixas. Serán as seguintes:
a) Bolsa de matrícula.
b) Contía fixa ligada á renda do estudante.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar.
d) Bolsa básica.
2. Contía variable. A bolsa poderá incluír, así mesmo, unha contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.
Os prazos para presentar a solicitude estarán abertos ata:
A) O 15 de outubro de 2015, inclusive, para os estudantes universitarios.
B) O 30 de setembro de 2015, inclusive, para os estudantes non universitarios.
A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es mediante formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior desta páxina
Máis información en www.educacion.es e no BOE do 6 de agosto de 2015

OBRADOIRO DE EMPREGO

Comunicamos que dito obradoiro non é ata os 24 anos se non que se ampliou ata os 30 anos. Os interesados e interesadas que pasen a inscribirse na Oficina de Emprego.

OBRADOIRO DE EMPREGO


Para mozas e mozos que teñan entre 18 e 24 anos ou menores de 30 con discapacidade. 
Proximamente poñerase en marcha este Obradoiro de Emprego Xuvenil Ulla-Umia no que participan os concellos de Cuntis, Moraña e Valga. Os interesados e interesadas que pasen a inscribirse na Oficina de Emprego.
Programa de promoción das cooperativas xuvenís
A Consellería de Traballo convoca subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo.
Programas:
Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
Programa de fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
Programa de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica (procedemento TR807D).
Programa de promoción das cooperativas xuvenís (procedemento TR807E).
Beneficiarias:
As cooperativas xuvenís de nova creación formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou de traballo que teñan entre 16 e 29 anos de idade poderán acollerse ás subvencións para o financiamento de custos previstos neste programa por unha soa vez.
Para os efectos deste programa, consideraranse como cooperativa de nova creación aquelas que non superen os dous anos de actividade, contados ininterrompidamente desde a data de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, da alta no censo de persoas obrigadas tributarias do Ministerio de Economía e Facenda, ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Obxecto e contía das subvencións

O importe máximo desta subvención será de 15.000 € por cooperativa beneficiaria.
As solicitudes poden presentarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es co código TR807E.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de agosto de 2015.
Máis información no DOG do 16 de xullo de 2015 e en http://traballo.xunta.es/
Certame Nacional de Mozos Emprendedores

O Injuve convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores, cuxa finalidade é apoiar mozos que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes de cada convocatoria, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.
Entenderase por empresa os traballadores autónomos, as empresas familiares, as sociedades colectivas e as asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica,
O Injuve apoiará os proxectos seleccionados con 25.000 € cada un, e en total apoiaranse 10 proxectos distintos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2015.
Máis información no BOE do 18 de xullo de 2015 e en www.injuve.es