BOLSAS DA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

A Dirección Xeral de Comercio convoca 4 bolsas de formación práctica. As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito. A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará principalmente aspec¬tos relativos á actividade comercial, o estudo e a análise da pequena e mediana empresa comercial e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as que o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía. a actividade comercial e o seu ámbito.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento IN225A
Máis información no DOG do 30 de decembroo de 2015 e na Consellería de Industria, teléfono 981 545 599.
http://ceei.xunta.gal/

AXUDA COMPLEMENTARIA DO PROGRAMA ERASMUS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade comple¬mentarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no marco do Programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes das universidades do Sistema universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan en Erasmus Estudos durante o curso 2015/16.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de febreiro de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED417A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2016 e enwww.edu.xunta.es
Poden fasacerse consultas en: orientacion.sug@edu.xunta.es