Deseñando o teu futuro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Deseñando o teu futuro que consiste en financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas.
Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas.
Proxectos subvencionables
1. Os proxectos para os que se solicite axuda deberán responder aos seguintes criterios:
a) Deben ter como persoas destinatarias mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
b) O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2015.
c) A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas serán de 4 horas como mínimo.
d) O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
2. Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas en Galicia (incluirá a titorización e o seguimento das estadías).
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa Deseñando o teu futuro en xeral).
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es no procedemento BS326A
Máis información no 
DOG do 10 de abril de 2015 e en teufuturo.ctb@xunta.es

Probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2015/16.
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 5 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 22 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.
Máis información no DOG do 28 de abril de 2015 e en
www.edu.xunta.es
Probas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño, ensinanzas artísticas superiores, Arte Dramática e Conservación e Restauración de Bens Culturais
A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas para o curso 2015/2016, para os seguintes estudos:
Ensinanzas superiores de Deseño  ata o 28 de maio
Ensinanzas artísticas superiores  ata o 28 de maio
Arte Dramática  ata o 16 de xuño
Conservación e Restauración de Bens Culturais  ata o 9 de xuño
Requisitos: Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Máis información no DOG do 27 de abril de 2015 e en www.edu.xunta.es
Contra a violencia de xénero

Campaña Hai Saída do Ministerio de Sanidade contra a violencia de xénero.

Video: https://www.youtube.com/watch?v=C5C38DrQPqw&feature=youtu.be
Cartel: http://www.msssi.gob.es/campannas/campanas15/pdf/HaySalidaGallego.pdf

Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero: 016

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó CONTACONTOS


XXVIII Certame Mozos Investigadores
O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVIII Certame "Mozos Investigadores" para 2015, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís.
A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da páxina web do INJUVE ou do MECD: http://www.injuve.es ou http://www.mecd.gob.es
O prazo para a presentación estará aberto ata o 11 de maio de 2015.
Máis información no BOE do 21 de abril de 2015 e en
www.injuve.es