Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer»

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, AECID, convoca o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer» destinados a aqueles centros docentes que durante o curso 2013/2014 desenvolvesen accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
A convocatoria está dirixida a todos os centros docentes españois sostidos con fondos públicos que impartan algunha das seguintes ensinanzas:
Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación de persoas adultas, bacharelato e formación profesional.
Outorgaranse ata un total de 15 premios que se repartirán entre os distintos niveis educativos.
Os premios, que non levan consigo dotación económica, consistirán en:
- A participación nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento que se celebrará, do 17 ao 25 de outubro de 2015 en Marrocos. O Seminario terá unha duración de 40 horas lectivas.
- Diploma acreditativo de concesión do Premio aos centros educativos gañadores.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 26 de marzo de 2015 e en
www.aecid.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.