Prazas de Auxiliares de
Arquivos, Bibliotecas e Museos
O Ministerio de Educación e Cultura convoca 21 prazas da Escala de
Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos de Organismos.
Os aspirantes deberán estar en
posesión do título de Bacharelato ou Técnico.
O prazo
para presentar solicitudes estará
aberto ata o 30 de outubro de 2015.
Máis información no BOE do 10 de outubro de 2015.utónomos do Ministerio de Cultura.
Xuíz de paz titular de
Cerdedo
O Concello do Cerdedo fai unha convocatoria
pública para cubrir a praza de xuíz de paz
titular.
Os requisitos para acceder á praza son
ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente
para o desenvolvemento
da función xudicial,
estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito
mentres non se obtivera a rehabilitación,
nin procesado ou
inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de
sobresemento.
Non se esixe, nin para
titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos
xurídicos específicos.
O prazo para presentar
solicitudes estará aberto ata o 30 de outubro de 2015.
Máis información no BOP de Pontevedra do 14 de
outubro de 2015 e no OMIX de Cerdedo, teléfono 986 753 185.
Empregados/as de fogar
(internos)
- Localidade: Vigo (Pontevedra)
- Nº oferta: 12/2015/11390
- Data: 16/10/2015
- Requisitos: necesítanse empregados/as de
fogar (internos).
Máis información no 012 e en http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.